Foro-Bitacora Enerxia.Net - Cambiar a tarifa nocturna logo de xullo pode custar ata 200 euros
Foro-Bitacora Enerxia.Net
Foro-Bitacora Enerxia.Net
Inicio | Perfil | Temas Activos | Membros | Buscar | FAQ
NomeUsuario:
Clave:
Salvar Clave
 All Forums
 Enerxias Alternativas e Renovables
 Energías Renovables General
 Cambiar a tarifa nocturna logo de xullo pode custar ata 200 euros
 New Topic  Reply to Topic
 Printer Friendly
Author Previous Topic Topic Next Topic  

felix

959 Posts

Posted - 20/04/2008 :  11:29:45  Show Profile  Reply with Quote
Cambiar a tarifa nocturna logo de xullo pode custar ata 200 euros
A Xunta pedirá ao ministro Sebastián que reduza o prezo dos novos contratos de horario discriminado

Os instaladores advirten que as eléctricas non están obrigadas a modificar os equipos gratis a partir desa data
-------------------------------------------------------------


A menos de tres meses para a desaparición da tarifa nocturna, pouco máis de 5.000 galegos, dos preto de 180.000 contratos desta modalidade subscritos na comunidade autónoma, optaron por pasarse de forma voluntaria á nova modalidade de discriminación horaria.
Onte, a patronal dos instaladores de equipos eléctricos advertiu do risco de que a maioría dos galegos non haxan migrado voluntariamente ao novo sistema. A disposición adicional transitoria do real decreto 871/2007 do 15 de Febreiro do 2008 obrigou ás subministradoras eléctricas a non cobrar pola necesaria actualización da potencia (que co horario discriminado aumenta en relación coa situación actual). Pero estes custos, cifrados entre os 150 e os 200 euros, poderían cobrarse a partir do 1 de xullo. «Parece unha pequena trampa -comentaron os portavoces de Instalectra-, porque ao coincidir co verán non se notará a necesidade de contratar máis potencia. Pero si haberá que facelo ao empregar a calefacción, e entón si que haberá que afrontar todos os gastos».
Fontes de Unión Fenosa confirmaron onte que a compañía xa ten tomada a decisión de continuar sen cobrarlle ao usuario os dereitos de acceso despois do 1 de xullo, e limitarase a cobrar as actualizacións de potencia. O conxunto de gastos inclúen unha cota de extensión, dereitos de acceso, actualización do depósito de garantía e as actuacións no equipo de medida. En total, algo máis de 30 euros por cada quilovatio incrementado.
Á marxe destes custos, os usuarios de calefacción por acumulación veranse obrigados a adaptar os seus equipos, o que lles suporá outro desembolso de polo menos 300 euros. Estas adaptacións resultan imprescindibles para non disparar o recibo da luz, que no peor dos casos podería incrementarse ata nun 49%, mentres que aplicando as medidas oportunas a subida debería equilibrarse entre o 5 e o 10%.
Estas modificacións, segundo os instaladores, pasan por cambiar as resistencias dos acumuladores, instalar un dobre circuíto para repartir a carga, ou comprar e adaptar autómatas. E é que o novo contrato de discriminación horaria aplica máis horas vale (14 fronte ás 8 da tarifa nocturna) a cambio dun menor desconto (47% fronte ao 55% da actual tarifa nocturna). Pero tamén carga un sobreprezo en horario punta (35% fronte ao 3% da actual tarifa nocturna).
Onte, a Consellería de Industria confirmou a súa intención de reabrir a negociación co novo ministro de Industria, Miguel Sebastián, para estudar posibles reducións da tarifa. En Madrid, fontes da secretaría xeral de Industria admitiron que xa está elaborado un informe sobre a posibilidade de reducir a penalización do consumo nas horas punta (35%), pero a decisión «corresponderá aos novos responsables».
As protestas galegas contra a desaparición da tarifa nocturna tiveron eco en todo o país. A comunidade de Castela- A Mancha tamén elevou unha queixa ao ministerio, acompañada por protestas de 50 concellos. O mesmo sucedeu en Madrid. En toda España hai un millón de familias con tarifa nocturna. Galicia ten case un 20% deste mercado e é a rexión máis «afectada» por este cambio tarifario.

Autor: Miguel Á. Rodríguez
fonte:La voz
  Previous Topic Topic Next Topic  
 New Topic  Reply to Topic
 Printer Friendly
Jump To:
Foro-Bitacora Enerxia.Net © Enerxia.Net Go To Top Of Page
Esta página se ha generado en 0.04 segundos. Powered By: Snitz Forums 2000 Version 3.4.06
. .


Otras webs de:
(C) 2000 Enerxia.Net

xRenovables Enerxias Renovables
xWeb Desarrollo Web
xEduca Formación Reglada
xTIC Recursos TIC
xArt Arte y Pintura
xLearning Cursos
REBT Reglamentos Técn.
SLNE Sociedad Limitada NE
Guía de Empresas
Foro Enerxias Renovables
Blog Enerxias Renovables
Blog Castrelo de Miño

Casa da Costa Turismo Rural

a
Enerxia.net es una iniciativa personal que sólo pretende aportar un granito de arena en el fomento de las Energías Renovables, el espíritu emprendedor, la difusión y uso de las TICs y la conservación del medio natural.