Foro-Bitacora Enerxia.Net - "Xunta nin negocia nin pacta parques eólicos.."
Foro-Bitacora Enerxia.Net
Foro-Bitacora Enerxia.Net
Inicio | Perfil | Temas Activos | Membros | Buscar | FAQ
NomeUsuario:
Clave:
Salvar Clave
 All Forums
 Enerxias Alternativas e Renovables
 EOLICA
 "Xunta nin negocia nin pacta parques eólicos.."
 New Topic  Reply to Topic
 Printer Friendly
Author Previous Topic Topic Next Topic  

felix

959 Posts

Posted - 09/03/2008 :  13:30:47  Show Profile  Reply with Quote
«Esta consellería nin negocia nin pacta parques eólicos con ninguén»
«Ningún recurso contra o decreto do sector será unha ferramenta para negociar; e os 2.325 megavatios en xogo van xerar 3.000 empregos e investimentos de 5.500 millóns»

----------------------------------------------------


A conta atrás do novo negocio do vento galego está a disparar a temperatura empresarial galega. A Xunta porá en marcha a vindeira semana o maior concurso eólico da súa historia e un dos maiores abertos en España. Os 2.325 megavatios en xogo suporán un investimento de 5.500 millóns de euros e a xeración de 3.000 postos de traballo directos. Ata agora, o 90% da facturación do vento galego rematou fora de Galicia, que xa é quinta potencia eólica mundial e o segundo maior produtor europeo despois de Alemaña. Co seu novo marco de xogo, Industria quere darlle a volta ao mapa, abrindo expectativas aos empresarios da comunidade e forzando a cada novo parque para que ceda unha parte do seu accionariado á Xunta. A meirande parte das fortunas galegas queren un anaco do pastel do vento. E as grandes multinacionais tamén. Calcúlase que a oferta multiplicará por dez os megavatios en xogo, superando de longo os 20.000. As operadoras tradicionais ameazaron cunha batalla xudicial contra o decreto de Industria. O pasado venres, logo de moitas conversas coa Xunta, a patronal declinaba asistir á vía xudicial. Pero 24 horas despois, Endesa desmarcábase do colectivo co primeiro preito contencioso. O titular galego de Industria avisa: «Non se admiten presións», sentencia Fernando Blanco.
-¿O recurso de Endesa racha o acordo acadado co sector?
-Esta empresa está no seu dereito, coma calquera outra, de recorrer aos tribunais. Pero un recurso non será nunca unha ferramenta para negociar coa Xunta. Esta consellería non negocia parques eólicos con ninguén. Aquí non hai pactos. Unha cousa é escoitar as demandas do sector e outra moi distinta pactar. O concurso público ten requisitos inalterables. Quen queira traballar, vai terá que facelo no marco xurídico que estableceu esta consellería. E punto. -¿Cal é o escenario que contempla a Xunta? -O mércores sacaremos a orde que abrirá o concurso. As empresas terán tres meses para presentar os seus proxectos, e a Xunta outros seis meses para contestar. É unha vontade desta consellería ter resolto o concurso no mes de setembro. -Ao final case conseguen chegar á adxudicación sen reclamacións xudiciais... -É que algúns lanzáronse a dicir que presentarían recursos, pero a realidade é que a medida que se achega a data do concurso público vai quedando claro que o novo marco regulador é axeitado e estable. Non lle teño ningún medo aos recursos. Pero agora non penso niso, senón na ordenación dun sector clave para a economía galega. -¿Qu negocio vai acadar o sector eólico en Galicia? -Vai ser precisa un investimento directo e asociado a propostas industriais próxima aos 5.500 millóns de euros. Será un impacto moi substancial na economía galega. Polo menos se crearán 3.000 novos postos de traballo directos. A pleno rendemento, este sector vai facturar por riba dos 3.000 millóns de euros ao ano. Trátase dun proxecto moi ambicioso para Galicia, e máis cando estamos a falar dun momento de certa desaceleración económica.


fuente: Miguel Á. Rodríguez (la voz)
  Previous Topic Topic Next Topic  
 New Topic  Reply to Topic
 Printer Friendly
Jump To:
Foro-Bitacora Enerxia.Net © Enerxia.Net Go To Top Of Page
Esta página se ha generado en 0.04 segundos. Powered By: Snitz Forums 2000 Version 3.4.06
. .


Otras webs de:
(C) 2000 Enerxia.Net

xRenovables Enerxias Renovables
xWeb Desarrollo Web
xEduca Formación Reglada
xTIC Recursos TIC
xArt Arte y Pintura
xLearning Cursos
REBT Reglamentos Técn.
SLNE Sociedad Limitada NE
Guía de Empresas
Foro Enerxias Renovables
Blog Enerxias Renovables
Blog Castrelo de Miño

Casa da Costa Turismo Rural

a
Enerxia.net es una iniciativa personal que sólo pretende aportar un granito de arena en el fomento de las Energías Renovables, el espíritu emprendedor, la difusión y uso de las TICs y la conservación del medio natural.