T O P I C R E V I E W |
felix |
Posted - 17/12/2008 : 10:32:48 UN TOTAL DE 130 OPERARIOS TRABALLAN PARA RESTABLECER O SUBMINISTRO ELÉCTRICO NOS CONCELLOS LUGUESES MÁIS AFECTADOS POLO TEMPORAL DE NEVE
Contenido integro del comunicado de Industria:
" Santiago, 15 de decembro de 2008. Varios concellos da montaña lucense víronse afectados polos cortes de subministración eléctrica provocados polo temporal de neve que está afectando ao país dende o sábado día 13, segundo os datos facilitados por Unión Fenosa á Consellaría de Innovación e Industria. Neste momento continúan os traballos para restablecer o servizo a uns 7.500 abonados, traballos nos que están a participar 130 operarios que contan co apoio de 15 grupos electróxenos. As zonas máis afectadas son as áreas rurais dos concellos do Páramo, O Incio, Quiroga, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, Baralla, O Corgo, Castroverde, Becerreá, Láncara, A Pobra do Brollón, Samos e Baleira. O número de incidencias rexistradas na provincia de Lugo dende o sábado día 13 alcanzou as 45, das que 6 foron en liñas de baixa tensión e 39 en liñas de media tensión. Ás 09,17 h. de hoxe luns rexistrábase o número de afectados máis alto, con 14.703 usuarios. SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA 1 Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria San Caetano, s/n - Bloque 5, 4ª 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 545546 / 77 - Fax. 981 571198"
|
|
|